O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese coa alcaldesa de Rairiz de Veiga

Ourense, 19 de decembro de 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo hoxe unha reunión de traballo coa alcaldesa do Rairiz de Veiga, Josefa Asunción Morgade, para seguir impulsando conxuntamente distintos proxectos de interese municipal que competen a ambas administracións.

O delegado tivo a ocasión de tratar xunto a súa rexedora, temas prioritarios para o seu concello. Así, durante a xuntanza fixeron repaso dos proxectos e necesidades que dependen da Xunta de Galicia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/12/2024