Medio Rural salienta en Santiago a excelencia dos produtos alimentarios galegos de calidade diferenciada no último dos seus mercados de Nadal
A titular do departamento, María José Gómez, visitou esta tarde esta iniciativa que se celebrará durante toda a fin de semana no Paseo Central da Alameda compostelá
Ademais de contar coa participación de máis dunha trintena de empresas, a Axencia Galega da Calidade Alimentaria presenta neste mercado un amplo programa de actividades para os asistentes
Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2024
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, e pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou hoxe o último dos Mercados Alimentarios de Nadal en Santiago de Compostela, que se celebra desde hoxe ata o domingo 22 de decembro no Paseo Central da Alameda compostelá.
Durante o seu percorrido polos diferentes expositores do evento, a conselleira puxo salientou este tipo de iniciativas que serven para poñer en valor o bo facer dos produtores a prol de elaboracións alimentarias amparadas por selos de calidade diferenciada. A titular do Medio Rural salientou tamén a boa acollida que tiveron as anteriores edicións deste mercado, celebradas en Vigo, Ribadavia e Lugo. Ademais, destacou que esta é a última oportunidade para poder achegar a un destes mercados, xa que o de Santiago de Compostela é o último dos catro que percorreron as provincias galegas.
Programa para a fin de semana
Ademais de contar coa presenza de máis dunha trintena operadores, a Axencia Galega da Calidade Alimentaria preparou un completo programa de actividades para dinamizar os eventos.
Mañá sábado o mercado abrirá desde as 11:00 ata as 14:00 horas e a partir das 16:00 ata as 21:00 horas. O programa incluirá tamén obradoiros infantís, así como talleres de elaboración de amuletos con miga de pan ou de xeados con queixo artesán. Así mesmo, celebraranse catas de viños tintos con denominación de orixe (DO), degustacións doces artesáns e sorteos de lotes de produtos, rematando o día cun brinde de Nadal con escumosos con DO.
Con respecto ao programa do domingo, ademais dos obradoiros para os máis cativos, os sorteos e as degustacións, terán lugar tamén espectáculos de teatro e un monólogo a cargo de Leti da taberna. O mercado rematará ás 18:00 horas cun sorteo de produtos agroalimentarios e unha sesión de monólogos con Leti da Taberna.
Listaxe das empresas participantes no mercado de Santiago:
- Puerto Basella
- Trasdeza Natur
- Milhulloa
- Bisqato
- Cienporcel
- Brigitte
- Menduíña
- Nela
- Mamá Teresa
- Caurelor
- Biostore
- As Composeiras
- Jamones González
- Do Gaiteiro
- Castelo
- Aceiroga
- Sacrapastas
- Doce bágoa
- Pazo Santa Cruz
- Condado Paradanta
- Mel Casa Merche
- Abella Meiga
- O Rexo
- Embutidos Valentina
- Daniberto
- Marmeladas A Morena
- Adegas Celme
- Bodegas Castellun Augusti
- Son de Arrieiro
- A Casa da Pataca
- Bodegas Aguiuncho
- Ardán
- Terra de Asorei
- Just B
- Quesos Feijoo
- Bodegas Vionta
- Pura Vila