Belén do Campo salienta o valor turístico das tradicións do Nadal e anima a visitar o Belén instalado na Grande Obra de Atocha
Visitou este Belén que xurdiu dunha idea do fundador deste colexio, Baltasar Pardal, e que foi inaugurado en 1923
A Coruña, 26 de decembro de 2024
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou, esta tarde o Belén instalado nas instalacións do colexio La Grande Obra de Atocha. Esta iniciativa xurdiu dunha idea do fundador do centro, Baltasar Pardal. Foi inaugurado en 1923 e recibiu a visita de Alfonso XIII en 1927. O seu fin é eminentemente pedagóxico.
Belén do Campo subliñou a importancia de contar con atractivos turísticos relacionados coas tradicións do Nadal en cidades, “o que desperta o interese de visitantes ao redor das celebracións e dinamiza a actividade económica e social das distintas localidades”.
A delegada tamén se referiu ao valor turístico do Nadal galego que inclúe distintas propostas lúdicas e de lecer para residentes e visitantes. Así, destacou a variedade de alternativas para visitar na cidade como o Belén Municipal ou a I Feira de Nadal que abriu as súas portas nos Xardíns de Méndez Núñez, o pasado venres, organizada pola Asociación Galega de Artesáns, composta por 14 postos, e que permanecerá aberta ata o 5 de decembro.