Medio Rural avanza na súa colaboración coa EFA Fonteboa e co Concello de Coristanco a prol da formación no sector agroalimentario galego
2025-01-13
/documents/35297/1582145/250113_mrural_fonteboa_02av.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2025
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, mantivo esta tarde unha xuntanza co director do Centro de Promoción Rural-EFA Fonteboa, Luís García. Durante esta reunión, na que tamén participou o alcalde de Coristanco, Juan Carlos García Pose, avanzouse en posibles liñas de colaboración en materia formativa entre as tres entidades.
O Centro EFA Fonteboa naceu no ano 1975 e dende aquela imparte ensinanzas de ESO e de Formación Profesional enfocadas á inserción profesional no medio rural. Así mesmo, desenvolve outros programas de formación continua orientados á adquisición e a mellora das competencias profesionais, en resposta ás demandas de formación e de animación detectadas no territorio.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 13/01/2025