O Centro de Coordinación Central de Defensa contra os Lumes Forestais recibe a visita do IES Terra Chá

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2025

O Centro de Coordinación Central (CCC) de Defensa contra os Incendios Forestais, situado en Santiago de Compostela, recibiu esta semana a visita dos alumnos do ciclo de grao superior de Xestión Forestal e do Medio Natural. O alumnado foi benvido polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez.

Durante o seu percorrido polas instalacións do centro, Manuel Rodríguez explicoulles que o CCC é o eixo central da estrutura organizativa da loita contra os lumes na comunidade. Esta rede autonómica está conformada por tres niveis nos que tamén se inclúen os Centros de Coordinación Provinciais e os Centro de Coordinación de Distrito. O alumnado tamén puido coñecer as diferentes aplicacións informáticas que se empregan nas tarefas de loita contra os lumes.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/01/2025