A Xunta e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra reforzan a súa colaboración

Monforte de Lemos (Lugo), 18 de xaneiro de 2025

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, adscrita á Consellería do Medio Rural, Martín Alemparte, mantivo hoxe unha reunión de traballo co presidente da denominación de orixe (DO) Ribeira Sacra, Antonio Lombardía.

No encontro, que tivo lugar na sede do Consello Regulador en Monforte de Lemos, avaliouse a situación actual da DO tralas medidas adoptadas pola Xunta no 2024 (destilación de crise, préstamos vendima, ecorrexímenes, poda en verde, axudas mantemento paisaxe) e as iniciativas a adoptar para reforzar a colaboración e apoio por parte da Axencia Galega da Calidade Alimentaria en materia de promoción e formación.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/01/2025