A Xunta participa na iniciativa "O Día DÉ Medio Ambiente" do RC Deportivo

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ánxeles Vázquez, e o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, asistiron esta tarde no estadio ABANCA Riazor ao partido entre o R.C. Deportivo e o Levante U.D. correspondente á xornada 24 da LaLiga Hypermotion. O encontro foi declarado polo RC Deportivo como 'O Día DÉ Medio Ambiente', unha proposta pola que se destinan prazas do Palco de Honra do estadio a representantes institucionais e entidades que velan pola conservación da contorna natural.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/01/2025