A Xunta avanza na colaboración con distintas entidades do rural a prol dos agricultores e gandeiros galegos

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, mantivo esta mañá xuntanzas de traballo coa Asociación de Asesores Rurais de Galicia e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas  

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2025

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, mantivo esta mañá unha xuntanza de traballo coa Asociación de Asesores Rurais de Galicia, entidades tramitadoras das distintas ordes de axudas da Consellería do Medio Rural.

Neste sentido, abordouse a inclusión de diversas melloras nas vindeiras convocatorias das liñas de achegas da Dirección Xeral, co fin de axilizar os procedementos para a súa solicitude e facilitar as xestións para os potenciais beneficiarios. Posteriormente, José Balseiros reuniuse con representantes do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo, con quen tamén se trataron aspectos relacionados coa tramitación das ordes de axudas.

Balseiros amosou a súa dispoñibilidade para valorar estas cuestións e agradeceu as propostas presentadas por ambas entidades, así como a colaboración prestada. O director xeral tendeu a súa man para fortalecer as relacións en favor dos intereses dos agricultores e gandeiros galegos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/01/2025