A Xunta intercambia experiencias sobre a recuperación dos ecosistemas nun foro nacional en Castellón

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2025

A Xunta de Galicia participa esta semana en Castellón nun foro organizado pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) co fin reunir a xestores públicos de toda España para fomentar o intercambio de experiencias relacionadas coa recuperación dos ecosistemas e a restauración da biodiversidade.

A directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, asiste a este encontro no que se avalían proxectos e iniciativas para acadar os retos establecidos por Nacións Unidas para 2030 en materia de restauración dos ecosistemas. Máis polo miúdo, ademais dun relatorio sobre o novo regulamento sobre a restauración da natureza do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, presentáronse iniciativas sobre a reintroducción de variedades autóctonas, o control de especies invasoras e a promoción de prácticas que favorezan a biodiversidade e a resiliencia dos hábitats así como a recuperación das súas funcións ecolóxicas.

Ademais, no marco deste foro, Marisol Díaz tamén mantivo reunións con outros representantes autonómicos para intercambiar experiencias e aproveitar sinerxías así como co director da Oficina Europea de UCN, Boris Erg.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/01/2025