Manuel Pardo visitou esta mañá o centro educativo acompañado do alcalde

O delegado territorial da Xunta en Ourense sinala ao Polo Creativo do colexio Vicente Risco de Cualedro como un impulso á mellora das competencias tecnolóxicas do alumnado

Manuel Pardo lembrou que os Polos Creativos son espazos educativos innovadores a través dos que se fomenta a creatividade, a resolución de problemas en diversos campos do saber e o desenvolvemento de competencias dixitais, científico-tecnolóxicas e artísticas

Esta actuación enmárcase dentro dunha iniciativa da Xunta que se pon en marcha ao abeiro do Plan de nova arquitectura pedagóxica, e que supón un investimento conxunto de máis de 780.000€ na provincia ourensá

O delegado territorial subliñou que o obxectivo é fomentar as vocacións STEM entre os máis novos e preparalos para os retos da sociedade do século XXI

Ourense, 05 de febreiro de 2025

O delegado territorial, Manuel Pardo, desprazouse esta mañá ao concello de Cualedro, acompañado do seu alcalde, Luciano Rivero, para supervisar o remate de distintas obras que se levaron a cabo no colexio CEIP Vicente Risco para dotalo dun Polo Creativo, nas que a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional investiu preto de 25.000€.

O delegado territorial, lembrou que os Polos Creativos son espazos educativos innovadores a través dos que se fomenta a creatividade, a resolución de problemas en diversos campos do saber e o desenvolvemento de competencias dixitais, científico-tecnolóxicas e artísticas. Esta actuación enmárcase dentro dunha iniciativa da Xunta que se pon en marcha ao abeiro do Plan de nova arquitectura pedagóxica, e que supón un investimento conxunto de máis de 780.000€ na provincia ourensá.

No transcurso da visita Manuel Pardo coñeceu de primeira man as diferentes iniciativas que o alumnado do Vicente Risco está a experimentar no Polo Creativo. Para iso, ademais de co apoio dos seus docentes, contan co correspondente material audiovisual, de electrónica e robótica, de tecnoloxía, téxtil ou de informática, con kits adaptados a cada nivel educativo.

O representante do Goberno galego subliñou que o obxectivo é fomentar as vocacións STEM entre os máis novos e preparalos para os retos da sociedade do século XXI. Precisamente os Polos Creativos están configurados como espazos de innovación educativa onde os alumnos poder levar á práctica os coñecementos teóricos adquiridos a través da resolución de problemas reais.

As actuacións no CEIP Vicente Risco

As obras levadas a acabo neste centro educativo consistiron na demolición de armarios e tabiques divisorios entre aulas, retirada do falso teito de escaiola, anulación da instalación eléctrica en tabiques a demoler, realización de fabricas de ladrillo incluíndo o revestimento e pintado das mesmas, colocación de falso teito desmontable e tarima flotante, e dotación de postos de traballo e datos, así como novas luminarias led de 60 x 60.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/02/2025