Diego Calvo mantén un encontro de traballo coa alcaldesa de Narón
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantivo hoxe un encontro de traballo coa alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, no que tamén participou o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla. Na reunión abordáronse as necesidades deste municipio para avaliar posibles vías de colaboración desde a Xunta que contribúan á execución dos proxectos municipais no marco do compromiso do Goberno galego coas entidades locais. No que se refire ao ámbito deportivo, a Xunta impulsou 400 actuacións durante 2024 en instalacións tanto de titularidade autonómica como municipal, cun orzamento global de 22 millóns de euros a través de axudas da Secretaría Xeral para o Deporte e de liñas específicas de apoio ás administracións locais.