A Xunta de Galicia mantén unha liña de comunicación constante coa cidade de Ourense e demais concellos da provincia

Ourense, 14 de febreiro de 2025

A Xunta de Galicia, a través das distintas consellerías ou da Delegación Territorial, ten sempre abertas as canles de comunicación con todos os organismos e entidades a prol das diferentes demandas da veciñanza tanto da cidade como da provincia; e de feito, ao longo destes derradeiros meses xa foi atendendo e resolvendo as demandas puntuais como, por exemplo, o da Praza de Abastos.

A Xunta de Galicia lembra o seu compromiso permanente co benestar da cidadanía de Ourense e de Galicia e así se demostra no día a día nas distintas actuacións que está a levar a cabo a Administración autonómica na cidade e na provincia.

No seu caso, o delegado territorial da Xunta manterá proximamente unha reunión co alcalde de Ourense tal como estaba previsto na actividade do representante do Goberno autonómico na provincia, como así vén facendo co resto dos representantes municipais.

Data de actualización: 14/02/2025