O delegado territorial da Xunta en Ourense visita o colexio Plurilingüe Santo Ángel de Ourense
2025-02-17
/documents/35297/1618809/170225+Visita+colexio+Santo+%C3%81ngel+1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 17 de febreiro de 2025
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou esta mañá o colexio Plurilingüe Santo Ángel de Ourense, dentro da súa rolda de contactos que está a manter cos distintos centros educativos da provincia. Tras percorrer as instalacións do colexio, Manuel Pardo, saudou ao equipo directivo e a representantes do profesorado para escoitar de primeira man as necesidades do alumnado e atender as súas suxestións.
Data de actualización: 17/02/2025