Javier Arias reúnese co novo xefe da Comandancia da Garda Civil en Lugo

Lugo, 19 de febreiro de 2025.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe unha reunión co novo xefe da Comandancia da Garda Civil en Lugo, o coronel Luis Germán Avilés, nun primeiro encontro institucional que serviu para darlle a benvida e desexarlle moitos éxitos na súa nova responsabilidade así como para ofrecerlle continuidade na colaboración do Goberno galego.

Arias puxo en valor o labor da Garda Civil a favor da seguridade na provincia, especialmente no ámbito rural, e destacou a súa cooperación na loita contra os incendios forestais ou na atención aos peregrinos nas distintas rutas xacobeas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/02/2025