A Xunta colabora co Entroido de Salcedo, na Pobra do Brollón, que se celebra do 1 ao 4 de marzo

Lugo, 25 de febreiro de 2025

A Xunta apoia o Entroido de Salcedo, na Pobra do Brollón, que se celebrará do 1 ao 4 de marzo con actividades para todos os públicos. A Delegación Territorial acolleu a presentación do cartel do evento, coa participación do delegado, Javier Arias, e do presidente da Asociación Monte Veciñal de Salcedo, Teddy López.

O programa comeza o sábado 1 ás 22,00 horas cunha función de teatro popular e actuacións musicais. O domingo 2 continuarán o festexos a partir das 16,30 horas con novos espectáculos de música e teatro, o pregón a cargo de Juan Fuentes e o desfile das Madamas e Danzantes acompañados dos Disfraces de Campo. 

O luns día 3 será a xornada máis destacada coa saída do emblemático Oso de Salcedo, e a celebración continuará ata a noite con animación musical e unha cea popular. O martes día 4, ás 17,30 horas, haberá un espectáculo de maxia a cargo de Trécola Producións. Pechará o programa unha cea popular seguida de baile. 

Arias felicitou ao colectivo veciñal de Salcedo por “manter no tempo esta tradición que ten un incuestionable valor histórico, etnográfico e social, e que se converteu nunha cita imprescindible do calendario festivo da provincia”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/02/2025