Belén do Campo participa na visita á empresa Nosoplas organizada pola Asociación de Bebidas Refrescantes Anfabra

Bergondo (A Coruña), 27 de febreiro de 2025

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou nunha visita á planta de Nosoplas, organizada pola Asociación de Bebidas Refrescantes Anfabra. Esta empresa galega, provedor destacado na fabricación e subministración de envases de plástico reciclado, é unha excelente mostra da relevancia desta industria e do compromiso destas empresas de refrescos coa sustentabilidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/02/2025