A conselleira María M. Allegue mantén un encontro de traballo co alcalde de Vilanova de Arousa
2025-03-11
/documents/35297/1634273/250311_vivenda_vilanova_01av.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe un encontro de traballo co alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán.
Na xuntanza, que tivo lugar esta mañá en San Caetano, a conselleira e o rexedor abordaron actuacións en materia de infraestruturas, de interese para este municipio pontevedrés.
A conselleira subliñou a importancia da colaboración entre administracións para impulsar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a reforzar a competitividade económica na comunidade.
Data de actualización: 11/03/2025