A Xunta e o Club DH Galicia abordan colaborar un ano máis na organización do Descenso Urbano Vila de Sarria
2025-03-24
/documents/35297/1649661/240325+Reunion+DH+Galicia.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 24 de marzo de 2025
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, reuniuse hoxe con responsables do club DH Galicia para avanzar nos apoios da Xunta a unha nova edición do Descenso Urbano (DHU) Vila de Sarria.
Arias destacou a colaboración do Goberno galego en anteriores edicións deste encontro, consolidado como “unha cita de referencia en España”, cunha cifra crecente de participantes e visitantes e cunha ampla cobertura mediática, “o que supón un importante impulso para a dinamización económica e turística de Sarria e da provincia”.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 24/03/2025