A conselleira María M. Allegue mantén un encontro de traballo co alcalde de Cerdido
Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe un encontro de traballo co alcalde de Cerdido, Alberto Rey Paz.
Na xuntanza, que tivo lugar esta mañá en San Caetano, a conselleira e o rexedor abordaron actuacións en materia de infraestruturas, de interese para este municipio coruñés.
M. Allegue destacou a importancia da colaboración entre administracións para impulsar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da cidadanía e a reforzar a competitividade económica.
Data de actualización: 25/03/2025