A conselleira María M. Allegue mantén un encontro de traballo co alcalde de Ribeira

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Ribeira, Luis Antonio Pérez Barral.

Neste encontro, que se celebrou esta tarde en San Caetano, a conselleira e o rexedor abordaron actuacións de interese en materia de vivenda e infraestruturas para este municipio coruñés.

M. Allegue subliñou a importancia da colaboración entre administracións para impulsar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da cidadanía e a reforzar a competitividade económica.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/03/2025