Belén do Campo asiste ao acto de entrega dos premios extraordinarios da UDC 2025
A Coruña, 26 de marzo de 2025
A delegada da Xunta, Belén do Campo, asistiu ao acto de entrega dos premios extraordinarios da UDC 2025. Estes premios supoñen un recoñecemento ao mérito académico e ao traballo constante dos estudantes que destacaron polo seu rendemento nas distintas áreas do coñecemento.
En Galicia este é o primeiro curso académico no que a matrícula universitaria é gratuíta nas universidades públicas ou centros de ensinanzas artísticas superiores do que se benefician ao redor de 20.000 estudantes galegos.
A Xunta mantén un firme compromiso co sistema universitario galego grazas os Plan galego de financiamento universitario 2022-2026, un plan plurianual -Galicia é unha das poucas comunidades autónomas que conta cunha planificación a varios anos- e consensuado que ten como obxectivo mobilizar case 3.200 millóns de euros durante a súa vixencia. O goberno galego seguirá traballando para consolidar un modelo educativo equitativo, universal e aberto.