Lorenzana visita aos participantes na gran final nacional da First Lego League que, por primeira vez, se celebra en Ferrol
Ferrol, 29 de marzo de 2025
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, acompañada da delegada territorial da Xunta, Martina Aneiros, visitou hoxe aos participantes na Gran Final Nacional da First Lego League (FLL), que organiza a Universidade da Coruña (UDC) en colaboración coa asociación Ingenier@Soy e que, por primeira vez, se celebra en Ferrol.
No encontro participan máis de 700 mozos e mozas de entre 10 e 16 anos procedentes de distintos puntos de España que compiten en 56 equipos da categoría FLL Challenge, polo pase á seguinte fase que se disputará en Houston, Texas.
Lorenzana quixo destacar a importancia de fomentar as vocacións STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas) entre os máis novos porque son a base do desenvolvemento industrial do futuro.