A Xunta salienta o impacto positivo do Salón do Vehículo de Ocasión da Estrada na dinamización comercial da contorna
A Estrada (Pontevedra), 4 de abrIl de 2025
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu á inauguración do 9º Salón do Vehículo de Ocasión —na que tamén estivo presente o alcade do municipio, Gonzalo Louzao—, que estará aberto ao público durante toda a fin de semana en horario ininterrumpido de 11 a 20 horas. Nesta edición, daranse cita un total de 10 firmas expositoras e preto de 300 vehículos de ocasión e tamén seminovos tanto eléctricos, como híbridos, diesel e gasolina
O director xeral destacou o importante papel que este recinto feiral ten como motor de dinamización económica, funcionando como un punto de encontro estratéxico entre empresas e consumidores. Subliñou ademais que espazos como este contribúen a revitalizar o tecido comercial local, non só a través deste salón, senón tamén mediante a programación continuada de eventos ao longo do ano, que atraen visitantes, xeran movemento económico e fortalecen a visibilidade e competitividade do comercio da zona.