Martina Aneiros destaca a Semana Santa de Ferrol como motor de dinamización turística e económica da cidade durante a lectura do pregón no Teatro Jofre

Ferrol, 5 de abril de 2025

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, comprometeu, unha vez máis, o apoio do Goberno galego, á celebración da Semana Santa ferrolá durante á lectura do pregón que este ano correu a cargo do sacerdote xesuíta, Daniel Cuesta.

Durante o acto que se desenvolveu no teatro Jofre, Aneiros destacou a relevancia desta Festa de Interese Turístico Internacional como “motor de dinamización turística e económica” da cidade. Puxo ademais en valor o traballo de todas as persoas que contribúen a que esta celebración sexa unha realidade e atraia cada ano a milleiros de persoas e reivindicou a Semana Santa ferrolá "como patrimonio de toda unha cidade e unha mostra do compromiso e a paixón coa que Ferrol vive estes días tan especiais.”.

A representante da Xunta destacou a aportación do evento á desestacionalización da oferta turística de Galicia e convidou a visitar estes días a cidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/04/2025