A Xunta pon como exemplo de dinamización do rural a organización da Feira de Moexmu
2025-04-06
/documents/35297/1659072/20250406ClausuraMoexmu2.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Cospeito (Lugo), 6 de abril de 2025
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiu á clausura da 41ª edición da Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu), celebrada ao longo desta fin de semana na localidade lucense de Cospeito.
Alí, puxo a organización desta feira como exemplo de iniciativas que contribúen á dinamización do rural ao mesmo tempo que se potencian sectores estratéxicos para a economía de Galicia como son o agrario e o gandeiro.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 06/04/2025