Medio Rural reforza a súa colaboración coa distribución para a posta en valor dos produtos agroalimentarios galegos
2025-04-07
/documents/35297/1665306/20250407_Reuni%C3%B3n+Balseiros_Alcampo.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 7 de abril de 2025
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, mantivo hoxe unha reunión con representantes da cadea de distribución a nivel nacional Alcampo, para afondar na colaboración con esta empresa á hora de poñer en valor os produtos agroalimentarios galegos nos seus hipermercados.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 07/04/2025