O secretario xeral para o Deporte reúnese co presidente da Federación Galega de Piragüismo

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantivo esta mañá un encontro de traballo co presidente da Federación Galega de Piragüismo, José Alfredo Bea. Na reunión, entre outros asuntos, abordouse a situación das piragüistas Teresa Portela e Carolina García, ás que a Xunta porá á súa disposición os medios necesarios para que ambas poidan seguir adestrando no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD)  e no centro de Piragüismo David Cal de Pontillón de Castro, en Verducido, como xa fixeron no último ciclo olímpico.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/04/2025