Controlado o lume do concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta o Parque do Xurés

Este incendio forestal, que entrou en Galicia desde Portugal, afecta unha superficie de menos de 1 hectárea e deuse por controlado ás 17.02 horas

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2025

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que entrou dende Portugal e que afecta o Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, está controlado desde as 17.02 horas.

O lume, que segundo as últimas estimacións afecta menos de 1 hectárea en territorio galego, chegou á nosa comunidade arredor das 13.20 horas deste mediodía e para o seu control mobilizáronse 1 técnico, 2 axentes, 5 brigadas, 3 motobombas, 2 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.

Data de actualización: 10/04/2025