Belén do Campo asiste á lectura do manifesto con motivo do Día Mundial do Párkinson
A Coruña, 11 de abril de 2025
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e a directora territorial da Consellería de Sanidade, Cristina Pérez, asistiron á lectura do Manifesto con motivo do Día Mundial do Párkinson organizada pola Asociación Párkinson Galicia-Coruña. Este evento ten como obxectivo sensibilizar á sociedade sobre a enfermidade de Párkinson e destacar a importancia do apoio ás persoas afectadas e ás súas familias. Desde a Xunta trasladamos todo o apoio a esta entidade para seguir colaborando e impulsando e reforzando a coordinación no ámbito sociosanitario con estes pacientes. No acto estiveron presentes representantes de varias administracións e alcaldes e concelleiros da provincia.
Durante o acto, representantes da asociación leron un manifesto que subliñou a necesidade de incrementar a comprensión social e mellorar os recursos dispoñibles para os pacientes. Baixo o lema deste ano, Non deas nada por sentado, a campaña pon o foco no descoñecemento social que existe en torno ao párkinson e como isto alimenta unha imaxe baseada en estereotipos, ademais convida a reflexionar sobre o que non se ve a primeira ollada e anima a mirar con outros ollos a realidade de quen vive con esta enfermidade.
A Asociación Párkinson Galicia-Coruña desempeña un papel fundamental en Galicia, proporcionando servizos esenciais e promovendo a concienciación sobre esta enfermidade neurodexenerativa.