Medio Rural conciencia á mocidade sobre a importancia dos bosques cunha plantación de frondosas autóctonas no concello de Boqueixón

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, participou esta mañá nunha plantación con escolares

Chan sinalou que estas actividades serven para concienciar sobre a importancia destes ecosistemas; así como para sensibilizar á xente nova sobre a necesidade da súa protección, ordenación e fomento

Boqueixón (A Coruña), 11 de abril de 2025

O director xeral de Planificación de Ordenación Forestal, José Luis Chan, participou hoxe nunha plantación de frondosas autóctonas con escolares no Pico Sacro, na que tamén estivo presente o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro.

José Luis Chan destacou que este tipo de actividades son de especial interese para poñer en valor os bosques e as árbores entre a mocidade. Así, sinalou que estas plantacións serven para concienciar sobre a importancia destes ecosistemas; así como para sensibilizar á xente nova sobre a necesidade da súa protección, ordenación e fomento.

Cómpre lembrar que as árbores plantadas hoxe forman parte dos preto de 8.000 exemplares cedidos polo Goberno autonómico a diferentes centros de ensino, concellos e comunidades de montes veciñais de toda Galicia para realizar estas plantacións no marco do Día Internacional dos Bosques.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/04/2025