A Xunta recibe 7 ofertas para construír unha glorieta e mellorar o firme no acceso a Cequeliños, en Arbo, cun investimento de 355.000 €

Os traballos levaranse a cabo na zona que vai do acceso a Mandelos ata o acceso ao lugar de Cequeliños e consistirán na dotación dunha glorieta

Tamén se mellorará o trazado da antiga PO-400, ampliando os carrís ata os tres metros de ancho, así como as beiravías

Acondicionarase o firme en todo o trazado desta estrada autonómica nesta zona

Estas intervencións contribuirán a reforzar a seguridade viaria nesta contorna cun elevado tráfico de vehículos pesados e escasa visibilidade.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2025

A Xunta recibe 7 ofertas para executar a construción dunha glorieta e mellorar o firme no acceso a Cequeliños, en Arbo, cun investimento de 355.000€.

Os traballos levaranse a cabo na zona que vai do acceso a Mandelos ata o acceso ao lugar de Cequeliños e consistirán na dotación dunha glorieta de 15 metros de radio que permitirá aliviar o tráfico desta zona e reordenar as interseccións próximas. 

As actuacións tamén permitirán mellorar o trazado da antiga PO-400, ampliando os carrís ata os tres metros de ancho, así como as beiravías. 

Ademais, rehabilitarase o pavimento en todo o trazado desta estrada ao seu paso por esta zona.

O obxectivo é reforzar a seguridade nesta zona que conta cun elevado tráfico de vehículos pesados e escasa visibilidade.

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas continúa traballando na mellora e mantemento da rede de estradas autonómicas.

Data de actualización: 12/04/2025