A Xunta licita por máis de 300.000 euros a obra de conservación e limpeza das fachadas do Hospital Público de Cee

As empresas interesadas nesta contratación teñen de prazo ata o 12 de maio para presentar as súas ofertas

O prazo máximo de execución da obra será de cinco meses

A superficie na que se actuará supera os 10.500 metros cadrados

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2025

A Consellería de Sanidade publicou, na súa páxina web, no apartado do perfil do contratante, a licitación da obra de conservación e limpeza das fachadas, terrazas, cubertas e muro exterior do Hospital Público de Cee, dependente da Área Sanitaria da Coruña e Cee, por un importe de 300.148 euros.

As empresas interesadas nesta contratación teñen de prazo ata o 12 de maio para presentar as súas ofertas.

O prazo máximo de execución da obra será de cinco meses.

O total da superficie na que se actuará acada a cifra de 10.519 metros cadrados.

O obxectivo deste contrato é manter en bo estado e alongar a vida útil desta infraestrutura hospitalaria do Servizo Galego de Saúde.

Data de actualización: 22/04/2025