A Xunta colabora co VII Medio maratón Cidade de Lugo El Progreso, que se celebrará o 18 de maio

Lugo, 25 de abril de 2025

A Xunta de Galicia colabora na sétima edición do Medio Maratón Cidade de Lugo El Progreso, que se celebrará o vindeiro 18 de maio. O evento foi presentado hoxe na Mosqueira, nun acto ao que asistiu o delegado territorial, Javier Arias.

A proba comezará ás 10,15 horas na praza Horta do Seminario e consta de dúas voltas de 10 quilómetros cada unha a un circuíto urbano que se estende pola Ronda da Muralla, rúas do centro e as avenidas Ramón Ferreiro e Rodríguez Mourelo.

Previamente, ás 10,00 horas, tomarán a saída os participantes na carreira de 10 quilómetros, para maiores de 16 anos, que só darán unha volta ao percorrido.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/04/2025