A Xunta apoia o cuarto mercado ‘Aos pés de Cornería’ de Vilaronte, en Foz, que se celebra este domingo
Foz (Lugo), 2 de maio de 2025
A Xunta apoia a cuarta edición do mercado ‘Aos pés de Cornería’,que se celebra este domingo 4 de maio en Vilaronte (Foz) organizado pola asociación cultural O Atrio.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación do programa, que comezará ás dez da mañá coa apertura dos postos de venda de produtos locais e artesanía.
A xornada contará con animación musical e actividades para todos os públicos, como unha charla sobre agricultura ecolóxica a cargo de Edmundo Maseda, que compartirá a súa experiencia coa horta ecolóxica no Valadouro; unha exhibición de cestería tradicional que ofrecerá María Otero Folgueira e o contacontos O Grúfalo e a natureza, que porá en escena Manuela Contacontos.