A Xunta asiste ao acto da Función do Voto á Virxe do Rosario na Coruña
Esta celebración tivo lugar na igrexa de Santo Domingo para referendar cunha eucaristía a devoción dos coruñeses pola súa patroa
A Coruña, 11 de maio de 2025
O Consellerio de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e a delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participaron na cerimonia relixiosa da Función do Voto, presidida polo Arzobispo de Santiago de Compostela, Francisco José Prieto, unha das celebracións máis emblemáticas e senlleiras da cidade herculina. A Función do Voto remóntase ao século XVII, cando a cidade fixo un voto solemne á Virxe do Rosario en agradecemento pola súa protección fronte á invasión das tropas inglesas. Desde entón, cada ano, A Coruña renova este compromiso como símbolo de gratitude e fidelidade.
Esta celebración tivo lugar na igrexa de Santo Domingo para referendar cunha eucaristía a devoción dos coruñeses pola súa patroa. Belen do Campo destacou “o valor simbólico deste acto como expresión da identidade e da memoria colectiva da Coruña, así como un exemplo da forza da unión veciñal ao longo da historia”. Miguel Corgos puxo en valor a continuidade desta celebración relixiosa “como ponte entre o pasado e o presente, e como mostra da fonda implicación cívica e cultural da sociedade coruñesa”.