Belén do Campo participou no acto organizado na Coruña con motivo do Día Mundial da Fibromialxia e Síndrome Fatiga Crónica
Desde a Xunta trasladamos todo o noso apoio ás persoas que padecen estas enfermidades e puxo en valor o traballo que desenvolve Fibro Visibles na defensa dos seus dereitos, na visibilización da súa realidade e no acompañamento diario aos pacientes e ás súas familias
A Coruña, 12 de maio de 2025
A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada pola directora territorial da Consellería de Sanidade, Cristina Pérez, participou no acto organizado pola Asociación de Fibromialxia e Outras Enfermidades Invisibles (Fibro Visibles) con motivo do Día Mundial da Fibromialxia e Síndrome Fatiga Crónica.
Belén do Campo trasladou o seu apoio ás persoas que padecen estas enfermidades e puxo en valor o traballo que desenvolve Fibro Visibles na defensa dos seus dereitos, na visibilización da súa realidade e no acompañamento diario aos pacientes e ás súas familias.
“É fundamental dar visibilidade ás chamadas enfermidades invisibles, que afectan de xeito profundo a quen as sofre, aínda que non sempre sexan recoñecidas socialmente nin doadamente diagnosticadas”, sinalou, ao tempo que reafirmou o compromiso da Xunta de Galicia co benestar e a atención das persoas afectadas por estas patoloxías crónicas.