Belén do Campo dona sangue e lembra á cidadanía a importacia de colaborar porque todos os días se precisan entre 400 e 500 unidades nos centros hospitalarios galegos

A Coruña, 13 de maio de 2025

A delegada da Xunta, Belén do Campo, doou esta mañá sangue na unidade móbil que a Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) instalou, no edificio da Xunta en Monelos.  Mediante este acto animou á cidadanía a doar xa que a necesidade de compoñentes sanguíneos por parte dos hospitais galegos non diminúe, e todos os días do ano precísanse entre 400 e 500 doazóns de sangue.

Para máis información relativa á doazón de sangue ou para coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto: 900 100 828.

 

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/05/2025