A Xunta licita por máis de 170.000 euros a rehabilitación da cuberta e fachadas do Centro de Especialidades e Punto de Atención Continuada de Ourense
Realizaranse traballos que contribúan a aumentar a impermeabilidade do centro asistencial
O prazo máximo de execución das obras é de tres meses
As empresas interesadas en participar neste procedemento teñen de prazo ata o vindeiro 30 de maio para presentar as súas ofertas
Ourense, 14 de maio de 2025
A Xunta publica no Portal de Contratos Públicos a licitación, por importe de 173.547 euros, da obra de rehabilitación de cuberta e fachadas do Centro de Especialidades e Punto de Atención Continuada da cidade de Ourense.
Realizaranse traballos que contribúan a aumentar a impermeabilidade do centro asistencial, xa que as fachadas exteriores presentan deficiencias que provocan unha maior presenza de humidades e oxidación dos materiais e a cuberta actual non garante unha boa estanqueidade do edificio.
Os traballos consistirán na substitución o material das fachadas e na reposición da cuberta para mellorar a conservación deste centro de especialidades e punto de atención continuada.
O contrato prevé un prazo máximo de execución dos traballos de tres meses, contados desde a súa formalización.
As empresas interesadas en participar neste procedemento teñen de prazo ata o 30 de maio para presentar as súas ofertas.