O delegado territorial da Xunta en Pontevedra visita o edificio administrativo da avenida de Vigo e estuda optimizar o seu aproveitamento

Pontevedra, 14 de maio de 2025

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o edificio administrativo da consellería de Sanidade que se topa na avenida de Vigo, en Pontevedra.

Acompañado polo secretario territorial da Xunta en Pontevedra, Ramón Pereiro, o delegado tomou nota das múltiples posibilidades que ofrece o edificio e estudou posibles melloras de organización que resulten nun mellor aproveitamento dos espazos.

Neste sentido, Reguera lembrou que hai poucas semanas liberouse unha sala que ata o momento estaba ocupada por un numeroso arquivo que foi trasladado co obxectivo de dispoñibilizar este espazo para novos usos.

Na parte exterior do edificio, o delegado comprobou o estado do xardín posterior e adiantou que a Xunta está a estudar a posibilidade de mellorar a accesibilidade dos traballadores e traballadoras con mobilidade reducida que cada día acoden ao seu posto de traballo nos seus vehículos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/05/2025