José Ramón Parada clausurou as XIV Xornadas de enfermería da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras
O xerente do Servizo Galego de Saúde pon en valor o labor asistencial da enfermería para construír un sistema sanitario público forte, equitativo e centrado nas persoas
O representante do departamento sanitario galego subliñou o compromiso do persoal de enfermería co benestar das persoas que coidan
Ourense, 15 de maio de 2025
O xerente do Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada, puxo en valor o labor asistencial do persoal de enfermería para construír un sistema sanitario público, forte, equitativo e centrado nas persoas.
O doutor Parada presidiu hoxe pola tarde o acto de clausura das XIV Xornadas de enfermería da Área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
O xerente do departamento sanitario galego incidiu en que o persoal de enfermería son o corazón palpitante de calquera sistema de saúde que aspire a ser verdadeiramente efectivo e humano, posto que son a columna vertebral que sostén a atención ao paciente, dende a prevención e a educación, ata o tratamento e rehabilitación.
Para rematar as súas verbas, o xerente do Servizo Galego de Saúde reiterou o compromiso do persoal de enfermería co benestar das persoas que coidan.