A Xunta asistiu ao pleno do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña
2025-05-16
/documents/35297/1705195/20250516_belen_pleno_001.jpg?version=1.0&imagePreview=1
A Coruña, 16 de maio de 2025
A delegada da Xunta, Belén do Campo, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, asistiron ao pleno do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña.
Este organismo está integrado pola Xunta e a Deputación Provincial da Coruña, no encontro aprobouse o primeiro convenio colectivo para o persoal operativo dos parques de bombeiros dependentes desta entidade, e aprobouse tamén, de forma definitiva, a nova Relación de Postos de Traballo (RPT) do servizo, organigrama e cadro de persoal 2025.
Data de actualización: 16/05/2025