A Xunta e a Warner Bros Discovery estudan colaborar na promoción de produtos agroalimentarios galegos

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2025

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, reuniuse hoxe con representantes da compañía Warner Bros Discovery para avaliar posibles vías de colaboración en materia de promoción dos produtos agroalimentarios galegos con selo de calidade diferenciada.

Neste sentido, Galicia conta con 36 distintivos de calidade aos que se lle suman o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) e Artesanía Alimentaria, polo que a nosa comunidade se sitúa como a terceira de España con máis selos deste tipo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/05/2025