López Campos explora novos proxectos de colaboración coa Asociación Galega de Editoras
2025-06-02
/documents/35297/1733976/250602_Lopez+Campos_GlegaEditoras2.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2025
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, mantivo hoxe unha nova xuntanza con representantes da Asociación Galega de Editoras para continuar coas conversas iniciadas noutros encontros nos que se abordaron temas de interese para o sector do libro no eido da edición.
Así, o representante da Xunta coñeceu de primeira man os novos proxectos que a asociación quere poñer en marcha. Neste senso, mostrou a disposición do seu departamento para abrir vías de colaboración de cara ao desenvolvemento desas accións e o compromiso do goberno galego co apoio ao ámbito editorial galego.
Departamento:
C. de Cultura, Lingua e Xuventude
Data de actualización: 02/06/2025