A Xunta celebra o cuarto século do Colexio Rural Agrupado Amencer, exemplo do bo facer nas escolas rurais

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, participa nos actos conmemorativos do centro educativo e pon en valor a súa traxectoria

Ribadavia (Ourense), 12 de xuño de 2025

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo polo 25ª aniversario do Colexio Rural Agrupado CRA Amencer de Ribadavia, onde felicitou a toda a comunidade escolar polo “cuarto século de vida ofrecendo unha ensinanza de calidade no rural ás numerosas xeracións que pasaron por aquí”.

A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP definiu este centro como un “exemplo do bo facer nas escolas rurais na formación da cativada de Ourense”. Judith Fernández animou ao equipo directivo e ao alumando a seguir traballando polo futuro do colexio co firme compromiso coa educación de calidade como “un modelo de vangarda que é exemplo de cohesión social e capaz de xerar igualdade de oportunidades”.

O acto conmemorativo deste colexio contou con actividades para que cativada e adultos gocen dunha xornada de orgullo polos 25 anos de traxectoria. Todos os participantes demostraron como os centros do rural teñen acceso a todos os programas educativos en igualdade de condicións, independentemente da súa localización.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/06/2025