A Xunta realiza martes e mércores probas de funcionamento das sirenas de aviso á poboación de 41 presas galegas
A medida non afectará á actividade diaria da veciñanza e servirá para comprobar o sistema de aviso acústico que se activaría en caso de rotura
O Goberno galego reforza con este exercicio a súa aposta pola prevención ante calquera emerxencia
Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2025
A Xunta ten previsto realizar este martes e mércores, días 17 e 18 de xuño, unha activación de proba das sirenas de aviso á poboación adscritas a 41 presas con Plan de Emerxencia.
Durante a proba sonora activaranse máis dun cento de sirenas situadas por todo o territorio coa colaboración dos titulares das infraestruturas, isto é, Alúmina, Emalcsa, Endesa, Iberdrola, PHG, Naturgy, Xeal, Adelanta, e Augas de Galicia.
Tamén participará persoal dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, así como membros de Protección Civil dos concellos afectados, xunto con persoal da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.
A maiores, activaranse as catro sirenas adscritas ao plan de emerxencia exterior da balsa de lodos vermellos, situada en Xove.
Estas probas non afectarán á actividade diaria da veciñanza. En calquera caso, a poboación dos lugares nos que o aviso será audible será informada da proba e das medidas de autoprotección previstas en caso de emerxencia.
*Xúntase calendario das probas
NATURGY
|
DATA |
HORA INICIO |
PRESA |
CONCELLOS 1/2 HORA |
|
17/06/2025 |
09,00 |
BELESAR |
Chantada, O Saviñao, Carballedo, Pantón |
|
17/06/2025 |
09,00 |
OS PEARES |
Carballedo, Pantón, Nogueira de Ramuín, A Peroxa, O Pereiro de Aguiar e Coles |
|
17/06/2025 |
10,30 |
CASTRELO |
Ribadavia, Castrelo de Miño, Arnoia e Melón |
|
17/06/2025 |
10,30 |
ALBARELLOS |
Boborás, O Carballiño, Leiro, Beade e Cenlle |
|
17/06/2025 |
12,30 |
PORTODEMOUROS |
Vila de Cruces e Arzúa |
|
17/06/2025 |
12,30 |
FRIEIRA |
Crecente |
|
17/06/2025 |
13,00 |
BRANDARIZ |
Touro e Vila de Cruces |
|
17/06/2025 |
13,00 |
VELLE |
Ourense |
|
17/06/2025 |
15,00 |
SALAS |
Muíños e Lobios |
|
17/06/2025 |
15,30 |
AS CONCHAS |
Muíños, Lobios e Entrimo |
|
17/06/2025 |
16,30 |
VILAGUDÍN |
Tordoia |
|
17/06/2025 |
17,00 |
SAN COSMADE |
Cerceda e Ordes |
|
17/06/2025 |
17,00 |
VELLE |
Ourense |
IBERDROLA
|
DATA |
HORA INICIO |
PRESA |
CONCELLOS ½ hora |
|
18/06/2025 |
10,00 |
CHANDREXA |
Chandrexa de Queixa |
|
18/06/2025 |
10,05 |
GUÍSTOLAS |
A Pobra de Trives e Ribas de Sil |
|
18/06/2025 |
10,15 |
SANTOALLA |
O Bolo, Petín e Ribas de Sil |
|
18/06/2025 |
10,30 |
SANTO ESTEVO |
Pantón e Sober |
|
18/06/2025 |
10,40 |
SAN PEDRO |
Pantón, Carballedo, Nogueira de Ramuín, A Peroxa, Coles e O Pereiro de Aguiar |
|
18/06/2025 |
11,00 |
SAN MARTIÑO |
Quiroga e Ribas de Sil |
|
18/06/2025 |
11,15 |
MONTEFURADO |
Quiroga, Ribas do Sil, A Rúa e Petín |
|
18/06/2025 |
11,30 |
SEQUEIROS |
Quiroga e Ribas do Sil |
|
18/06/2025 |
11,45 |
CASOIO |
Carballeda de Valdeorras e O Barco de Valdeorras |
|
18/06/2025 |
12,00 |
PUMARES |
Carballeda de Valdeorras e O Barco de Valdeorras |
|
18/06/2025 |
12,15 |
CENZA |
Viana do Bolo e Vilariño de Conso |
|
18/06/2025 |
12,30 |
AS PORTAS |
Viana do Bolo e Vilariño de Conso |
|
18/06/2025 |
12,45 |
O BAO |
Manzaneda, O Bolo, Petín e Ribas de Sil |
ENDESA
|
DATA |
HORA INICIO |
PRESA |
CONCELLOS ½ hora |
|
18/06/2025 |
09,00 |
PRADA |
A Veiga e O Bolo |
|
18/06/2025 |
09,30 |
SAN SEBASTIÁN |
Viana do Bolo e Vilariño de Conso |
|
18/06/2025 |
10,00 |
EIRÓS |
Rubiá |
|
18/06/2025 |
10,00 |
PEÑARRUBIA |
Rubiá |
|
18/06/2025 |
11,00 |
RIBEIRA |
As Pontes de García Rodríguez |
|
18/06/2025 |
11,30 |
EUME |
Pontedeume, Ares, Cabanas e Fene |
XEAL
|
DATA |
HORA INICIO |
PEP |
CONCELLOS ½ hora |
|
17/06/2025 |
10,00 |
FERVENZA |
Dumbría e Mazaricos |
|
17/06/2025 |
12,00 |
SANTA UXIA |
Carnota, Dumbría e Mazaricos |
EMALCSA
|
DATA |
HORA INICIO |
PEP |
CONCELLOS ½ hora |
|
17/06/2025 |
12,00 |
CECEBRE |
Cambre e Culleredo |
PHG
|
DATA |
HORA INICIO |
PEP |
CONCELLOS ½ hora |
|
18/06/2025 |
10,00 |
TOURO |
Vila de Cruces, Touro e Silleda |
ALUMINA
|
DATA |
HORA INICIO |
PEP |
CONCELLOS ½ hora |
|
17/06/2025 |
10,00 |
BALSA DE LODOS VERMELLOS |
Xove |
|
17/06/2025 |
11,30 |
RIOCOBO E DIQUE |
Cervo |
AUGAS DE GALICIA
|
DATA |
HORA INICIO |
PEP |
CONCELLOS ½ hora |
|
17/06/2025 |
10,00 |
BAÍÑA |
Baiona |
|
17/06/2025 |
11,00 |
EIRAS |
Soutomaior, Ponte Caldelas e Pontevedra |
|
17/06/2025 |
17,00 |
CALDAS |
Caldas de Reis e Portas |
|
18/06/2025 |
16,00 |
O CON |
Vilagarcía de Arousa |
ADELANTA
|
DATA |
HORA INICIO |
PEP |
CONCELLOS ½ hora |
|
18/06/2025 |
17,00 |
DEVA |
Pontedeva, Padrenda e Quintela de Leirado |