O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, asistiu esta tarde ao acto de ingreso do Dr. Arturo González na Real Academia de Medicina de Galicia

Gómez Caamaño salienta a traxectoria e compromiso exemplar do doutor González Quintela no seu ingreso na Real Academia de Medicina de Galicia

A traxectoria do doutor González Quintela destaca polo seu labor como internista e docente na USC, contando cunha ampla experiencia en investigación e formación médica

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2025

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, asistiu esta tarde ao acto de ingreso do doutor Arturo González na Real Academia de Medicina de Galicia. Un acto no que aproveitou para destacar a súa traxectoria asistencial, investigadora e docente.

Arturo González Quintela é médico internista no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela e imparte docencia en varias materias do Grao en Medicina e no Programa de Doutorado na Investigación Clínica en Medicina da USC.

O responsable da carteira sanitaria da Xunta puxo en valor a importancia da Real Academia de Medicina de Galicia como referente na investigación, divulgación e formación médica dende a súa fundación en 1827.

Ademais, Gómez Caamaño sinalou que a Xunta está a reforzar a súa colaboración con esta entidade, lembrando medidas como o convenio asinado entre ambas institucións na  súa aposta pola investigación, a formación dos profesionais e a educación sanitaria entre a poboación, cunha achega de 30.000 euros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/06/2025