A Xunta realiza a primeira xornada de probas de sirenas de aviso á poboación das presas de Galicia
O obxectivo é garantir a operatividade e que a poboación recoñeza o sinal acústico en caso de emerxencia
Non afectan á actividade diaria da veciñanza, aínda que nalgunhas zonas serán audibles
Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2025
A Xunta comezou hoxe coas probas de activación das sirenas de aviso á poboación adscritas ás presas con Plan de Emerxencia. Trátase de probas que non afectan á actividade diaria da veciñanza, pero que nalgunhas zonas serán audibles. Con esta revisión preténdese garantir a súa operatividade e que a poboación das zonas afectadas recoñeza o son da sirena de aviso de evacuación. Na xornada de hoxe activáronse as sirenas de 20 das 41 presas previstas, así como as adscritas ao depósito de lodos vermellos en Xove. Mañá continuarase coas 21 restantes.
O exercicio estase a levar a cabo coa colaboración dos titulares das infraestruturas, isto é, Alúmina, Emalcsa, Endesa, Iberdrola, PHG, Naturgy, Xeal, Adelanta, e Augas de Galicia.
En Galicia actualmente hai 46 plans de emerxencia de presa aprobados. Os obxectivos que se perseguen con este tipo de plans é ter definidas as estratexias para facer fronte a situacións que comporten risco de rotura ou avaría grave, coñecer as zonas que quedarían anegadas en caso de rotura, e ter previstos os sistemas de aviso tanto á poboación como aos organismos xestores de emerxencias. Así, búscase estar o mellor preparados posible para situacións que comporten riscos nestas instalacións e, deste xeito, garantir a seguridade da cidadanía da contorna.
Aposta pola prevención
A Xunta destaca a importancia que teñen este tipo de exercicios na mellora da coordinación efectiva entre as administracións e as empresas, así como para garantir a seguridade na zona e manter á poboación preparada para o caso de materializarse a situación de emerxencia.
*Xúntase calendario das probas de mañá, mércores 18 de xuño.
IBERDROLA
|
DATA |
HORA INICIO |
PRESA |
CONCELLOS ½ hora |
|
18/06/2025 |
10,00 |
CHANDREXA |
Chandrexa de Queixa |
|
18/06/2025 |
10,05 |
GUÍSTOLAS |
A Pobra de Trives e Ribas de Sil |
|
18/06/2025 |
10,15 |
SANTOALLA |
O Bolo, Petín e Ribas de Sil |
|
18/06/2025 |
10,30 |
SANTO ESTEVO |
Pantón e Sober |
|
18/06/2025 |
10,40 |
SAN PEDRO |
Pantón, Carballedo, Nogueira de Ramuín, A Peroxa, Coles, O Pereiro de Aguiar |
|
18/06/2025 |
11,00 |
SAN MARTIÑO |
Quiroga e Ribas de Sil |
|
18/06/2025 |
11,15 |
MONTEFURADO |
Quiroga, Ribas do Sil, A Rúa e Petín |
|
18/06/2025 |
11,30 |
SEQUEIROS |
Quiroga e Ribas do Sil |
|
18/06/2025 |
11,45 |
CASOYO |
Carballeda de Valdeorras e O Barco de Valdeorras |
|
18/06/2025 |
12,00 |
PUMARES |
Carballeda de Valdeorras e O Barco de Valdeorras |
|
18/06/2025 |
12,15 |
CENZA |
Viana do Bolo e Vilariño de Conso |
|
18/06/2025 |
12,30 |
AS PORTAS |
Viana do Bolo e Vilariño de Conso |
|
18/06/2025 |
12,45 |
O BAO |
Manzaneda, O Bolo, Petín e Ribas de Sil |
ENDESA
|
DATA |
HORA INICIO |
PRESA |
CONCELLOS ½ hora |
|
18/06/2025 |
09,00 |
PRADA |
A Veiga e O Bolo |
|
18/06/2025 |
09,30 |
SAN SEBASTIÁN |
Viana do Bolo e Vilariño de Conso |
|
18/06/2025 |
10,00 |
PEÑARRUBIA |
Rubiá |
|
18/06/2025 |
10,00 |
EIRÓS |
Rubiá |
|
18/06/2025 |
11,00 |
RIBEIRA |
As Pontes de García Rodríguez |
|
18/06/2025 |
11,30 |
EUME |
Pontedeume, Ares, Cabanas e Fene |
PHG
|
DATA |
HORA INICIO |
PEP |
CONCELLOS ½ hora |
|
18/06/2025 |
10,00 |
TOURO |
Vila de Cruces, Touro e Silleda |
AUGAS DE GALICIA
|
DATA |
HORA INICIO |
PEP |
CONCELLOS ½ hora |
|
18/06/2025 |
16,00 |
O CON |
Vilagarcía de Arousa |
ADELANTA
|
DATA |
HORA INICIO |
PEP |
CONCELLOS ½ hora |
|
18/06/2025 |
17,00 |
DEVA |
Pontedeva, Padrenda e Quintela de Leirado |