Arias asiste á homenaxe a Manuel Yanes, inspector da Policía Nacional en Lugo, con motivo da súa xubilación
2025-06-19
/documents/35297/1744564/Yanes+1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 19 de xuño de 2025
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiu hoxe á despedida do inspector Manuel Yanes, xefe do Grupo de Atención ao Cidadán da Comisaría Provincial da Policía Nacional, que deixa o cargo con motivo da súa xubilación.
Arias gabou o traballo desenvolvido por Manuel Yanes ao longo da súa traxectoria profesional e agradeceu a súa colaboración naqueles asuntos nos que ambas institucións tiveron que traballar coordinadamente.
Data de actualización: 19/06/2025