A Xunta informa sobre o calendario de tratamentos e os produtos fitosanitarios autorizados para a loita contra a flavescencia dourada da vide en Ourense
Ourense, 25 de xuño de 2025
A dirección territorial de Ourense da Consellería do Medio Rural informa de que a partir da próxima semana prevese que o insecto vector que transmite a enfermidade Flavescencia dourada da vide alcance a fase biolóxica na que é infectivo para os viñedos. Esta enfermidade é mortal para as cepas infectadas.
Ata a data, na provincia de Ourense constatouse a súa presenza en distintas zonas dos concellos da Arnoia, Cortegada, Gomesende, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado e Ribadavia. Esas deteccións provocaron que a Consellería do Medio Rural establecese zonas tampón nas cales hai que extremar a vixilancia, impoñendo a realización de tratamentos fitosanitarios co obxectivo de impedir o avance da enfermidade. Esas zonas tampón comprenden xa a maior parte dos viñedos da DO Ribeiro.
Ademais, como queira que Portugal confirmou a presenza da enfermidade na zona fronteiriza con Monterrei, as áreas de produción desa comarca pasan a considerarse zona tampón, polo que nelas establécense as mesmas obrigas relativas á aplicación de tratamentos insecticidas.
A Consellería do Medio Rural, en colaboración cos concellos con parroquias afectadas, planificou unha serie de charlas informativas dirixidas aos viticultores. Nestas charlas informarase sobre o calendario de tratamentos e os produtos fitosanitarios autorizados para erradicar o vector Scaphoideus titanus, transmisor da Flavescencia. A partir de hoxe, día 25 de xuño, realizaranse as seguintes actividades informativas:
|
DATA |
DIA SEMANA |
HORA |
CONCELLO |
LUGAR |
|
25.06 |
MÉRCOLES |
16:30 |
Verín |
Casa da Cultura |
|
18:00 |
Verín |
Casa da Cultura |
||
|
|
|
|
|
|
|
27.06 |
VENRES |
17:30 |
Cenlle |
Aula CEMIT |
|
18:30 |
Beade |
Antigas Escolas |
||
|
20:00 |
Leiro |
Centro Cívico |
||
|
|
|
|
|
|
|
30.06 |
LUNS |
18:00 |
Cortegada |
Casa do Concello |
|
19:30 |
A Arnoia |
Salón de Actos da Antiga Cooperativa |
||
|
|
|
|
|
|
|
01.07 |
MARTES |
17:30 |
Carballeda |
Casa do Concello |
|
18:30 |
Ribadavia |
Casa da Cultura |
||
|
20:00 |
Castrelo de Miño |
Casa do Concello |