Estabilizado o incendio do concello pontevedrés de Lalín, parroquia de Maceira

 

O lume iniciouse ás 13.07 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 70 hectáreas

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2025

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello pontevedrés de Lalín, parroquia de Maceira, quedou estabilizado ás 19.44 horas.

O lume iniciouse ás 13.07 horas desta tarde e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 70 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 3 técnicos, 9 axentes, 15 brigadas, 14 motobombas, 4 pas, 7 helicópteros e 6 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.

Data de actualización: 16/07/2025